As AAVV de Quintela, Sabaceda e Broullón e na súa representación a Federación de AAVV A CHAMUSCA , vimos desde fai anos reclamando a atención dese organismo e do Concello de Moaña sobre as condicións da estrada autonómica PO-313, Moaña-Marín, ó paso polas tres parroquias citadas no tramo correspondente a este Concello.
Así se atendeu, no seu momento, a limitación de velocidade a 50 kms./hora e a instalación de sinais verticais de velocidade ou o translado dalgún paso de peóns.
Esta estrada canaliza o tráfico rodado con Marín e co Corredor do Morrazo desde Moaña pero ademais, nos tramos citados, ten un carácter de arteria de comunicación peonil tradicional para os veciños destas zonas periurbanas.
Estas consideracións nos levan a proporlle as seguintes actuacións:
Tramo Portal do Almacén- Porta do Cego, parroquia de Quintela.
- Paso de peóns entre o camiño do Pazo e o acceso ó Centro Cultural. A reforma e a posta en funcionamento do Centro Cultural Daniel Castelao, con numerosos actos populares, o funcionamento da Biblioteca Pública Municipal e actividades afíns, xeneran un importante movemento cidadá que esixe este paso a unha zona que en breve se completara coa Escola Infantil Municipal, actualmente en obras.
- Se solicita o repintado dos sinais horizontais.
Tramo Porta do Cego- Broullón, parroquia de Sabaceda.
- Paso de peóns na altura do transformador.
- Completar as beirarrúas que faciliten o tránsito de peóns. Proponse ampliar onda sexa posible ou ben entubar a canle de pluviais, acondicionado o paso sobre o mesmo.
Tramo Broullón-A Fraga
- Dar unha solución as beirarrúas para peóns en xeral e, concretamente habilitar o paso de peóns baixo o paso elevado do Corredor, na porta do Inferno, e a comunicación a través da glorieta de acceso coa mesma finalidade.
E con caracter común os tres tramos, solicitamos a instalación en todos os pasos de peóns, coa sinalización acaída, elevacións do firme que impidan o habitual exceso de velocidade dos vehículos como un elemento de protección dos peóns.
Moaña, 22 marzo de 2010