A CHAMUSCA. Federación de A.VV. de Moaña.

Abril 13, 2010

POSICIONAMENTO DA CHAMUSCA RESPECTO O PLAN DE ORDENACIÓN DO LITORAL.

Arquivado en: Notas de prensa — achamusca @ 08:48

Á petición da Federación A CHAMUSCA, a Comisión Informativa de Urbanismo celebrada o pasado martes tivo carácter monográfico sobre o POL. O Arquitecto e aparelladores municipais, xunto con arquitecto redactor do PXOM tentaron explicar a súa incidencia no territorio municipal e na propia tramitación do plan xeral.

Esta sesión técnica viu a  corroborar os temores xa manifestados pola Federación: 

  1.  Aparece como unha norma “urbanística” básica e de referencia á que se terán que adaptar os PXOM, antes ou despois.
  2. Presentase como un ambicioso plan de protección máis alá do concepto tradicional do borde litoral, ríos ou bosques incorporando  ámbitos  paisaxísticos,  corredores ecolóxicos, con amplas áreas de mellora ambiental e paisaxística con obxectivos claros pero con criterios arbitrarios e confusos, deixando fora de ordenación centos de vivendas.
  3. A lei chega 40 ou 50 anos tarde, sendo de difícil ou imposible aplicación en canto os obxectivos que pretende a mesma, necesitándose máis de 100 anos para acadar os obxectivos que se pretenden “evacuando” todo o litoral de edificación existentes, entre as que se atopan milleiros de vivendas familiares.
  4. Fronte a esta regulación global do noso concello como “parque natural”, a Xunta se reserva a capacidade de establecer calquera excepción en materia de instalacións industriais, sectoriais, de utilidade pública sen ningún límite, dando a impresión final que os únicos e verdadeiros culpables da degradación da ría e o noso entorno, somos os veciños que construímos nosas vivendas nos últimos cincuenta anos. Como afirman as organizacións ecoloxistas “ Habería un POL para os concellos e a cidadanía, de obrigado cumprimento, e outro para as grandes empresas como Pescanova, Endesa ou Marina Atlántica, que terían exentas as súas instalacións deste ordenamento”.

Neste momento do proceso son os Concellos os que poden presentar alegacións, sen prexuízo de que no futuro teñamos ocasión de facelo como Asociacións ou particulares, pero dada a transcendencia do asunto entendemos que todos os veciños teñen xa o dereito a máxima información personalizada. A estes efectos todos os  días, de luns a venres, a partires das 12,00 horas haberá un técnico municipal nas Oficinas de Urbanismo, no Concello, para atender calquera consulta. Ese é o compromiso acadado pola Federación.

 Moaña, 10 de abril 2010

Deixar un comentario »

Aínda non hai comentarios.

Feed RSS para os comentarios deste artigo. URI do trackback

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Tema: Rubric. Blogue en WordPress.com.

Seguir este blogue

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.