A CHAMUSCA. Federación de A.VV. de Moaña.

Abril 15, 2010

CORTINA DE FUME NA CASA DO MAR.

Arquivado en: 1 — achamusca @ 15:18

A Consellería de Sanidade, a través do xerente de atención primaria, acaba de facer pública a marcha atrás  no proxecto de reforma da Casa do Mar para instalar alí os servizos de odontoloxía  e de fisioterapia, proxecto condicionado ó acordo co ISM , Costas e Benestar para a reubicación das oficinas actuais e a supresión do salón de actos e sala de lectura.

Como administración responsable da Sanidade, supoñemos que a Consellería toma esta decisión no exercicio da súa exclusiva competencia e co mellor criterio de xestión e eficacia dun servizo básico e necesario como é a saúde.

A Federación e a Plataforma da Sanidade manifestaron as súas dúbidas, máis que razoables, sobre a oportunidade desta proposta cando xa se dispoñian duns locais provisionais, aceptados pola Consellería para esta finalidade, e a meses vista de dispoñer dos terreos para a construcción do, tantas veces prometido e tan necesario, novo centro de saúde.

A Federación se felicita de que, por unha vez, a administración tivese en conta o punto de vista veciñal cando xustifica este repentino cambio de postura no “rexeitamento dalgúns colectivos veciñais”. Realmente o que queren dicir é que as dúbidas do movemento veciñal tiñan fundamento e foron tidas en conta:

 1. A estructura e condicións constructivas da Casa do Mar non están pensadas para unha nova carga de servizos e non se resolve cun simple cambio de tabiques. A titularidade é de Costas baixo unha concesión ata o ano 2018 que non permite obras.

2. No suposto de afrontar a obra, suporía condicionar a capacidade de inversión do Sergas na comarca a corto prazo sen resolver, por evidente falta de espacio, as necesidades reais dunha localidade de 20.000 habitantes: non só a fisioterapia ou odontoloxía senón o resto de servizos que se ofrecen, por exemplo, en Cangas, saúde mental, etc…

3.  E tamén, a Consellería valorou a rendibilidade política desta medida: o atraso na posta en marcha destes servizos ata as eleccións municipais, e o problema social da supresión dun salón de actos que acolleu no ano 2009 máis de sesenta actos cívicos e culturais.

4. Non sería de loxico que Moaña para ter novos servicios teña que renunciar a outros como un salón de actos

Parécenos unha decisión moi sensata e o único que temos que lamentar e a falla de capacidade da Consellería  de asumir  a súa rectificación con naturalidade sen ter que “criminalizar” os colectivos veciñais para poñer unha cortina de fume que disimule a precipitación e irresponsabilidade dalgún líder político local. “A vella táctica de matar o mensaxeiro xa non é de recibo”.

Federación de Asociacións de veciños de Moaña A Chamusca

 Moaña, 14 abril 2010.

Deixar un comentario »

Aínda non hai comentarios.

Feed RSS para os comentarios deste artigo. URI do trackback

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Tema: Rubric. Blogue en WordPress.com.

Seguir este blogue

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.