A CHAMUSCA. Federación de A.VV. de Moaña.

Maio 7, 2010

ALEGACIÓNS PRESENTADAS POLA FEDERACIÓN DE VECIÑOS A CHAMUSCA DE MOAÑA.

Arquivado en: NOVAS,POSICIONAMENTOS — achamusca @ 17:45

D. Ezequiel Fernández Cancelas, en calidade de presidente da Federación Veciñal                          A Chamusca, con DNI 1111111111, con enderezo a efectos de notificacións en 111111111111111111111111111111, comparece no procedemento de alegacións ó “Proxecto de desdobramento do Corredor CG-4-1 do Morrazo” (Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras, por medio da Resolución do 25 de marzo de 2010, da Dirección Xeral de Infraestructuras, clave PO/07/047.01 )

 

MANIFESTA:

 

A Federación entende que a importancia desta obra supera a mera execución material dun proxecto mellorable dende diversos puntos de vista. Supón a oportunidade de rectificar o pecado orixinal da mesma: grande impacto ambiental, división e desintegración do territorio, danos ecolóxicos e fundamentalmente unha clara insuficiencia para a densidade do tráfico con un alto risco para os usuarios da mesma.

A insuficiencia do vial é tan evidente que xa no seu proxecto inicial estaba prevista o actual desdobramento, polo que nos atopamos cunha obra que acumula o retraso dun lustro. O tempo que tardou en materializarse, desgraciadamente, en perda de vidas humanas o risco real que esta vía entraña polas súas características, cando os usuarios perderon a conciencia de perigo, como xa antes pasara coas do Barbanza ou  do Salnes.

Non se pode concibir o Corredor como a vía de saída e entrada de Vigo a Aldán: é o vial que comunica a unha comarca de máis de 60.000 veciños, situada na península do Morrazo co resto do mundo. Unha poboación que vive a carón desta vía, nun territorio que o trazado actual desintegrou.

 

Financiamento da obra.- O resultado final da obra e a súa utilidade pública e colectiva non é allea a fórmula elixida para o seu financiamento. O recurso a “peaxe na sombra” co capital privado supón, ademáis dun encarecemento innecesario do seu custe financeiro, unha hipoteca ó desenvolvemento futuro da comarca, nun aspecto tan vital como o transporte colectivo e a mobilidade.

A “compensación complementaria” baixo a concesión do mantemento da rede de estradas autonómicas na comarca a empresa concesionaria, suporá un “conflicto de intereses” evidente ao estar ligado o canón anual de explotación do corredor ó “número de vehículos” que circule polo mesmo.

Polo tanto, esiximos o financiamento directo con fondos públicos a través dos instrumentos administrativos “ad hoc” e deixar o mantemento da mesma e do resto da rede autonómica na comarca en  dependencia directa da administración.

           

Con esta visión, as nosas alegacións se enmarcan nas seguintes liñas mestras:

 

1º.- Integración do territorio: A ampliación do Corredor, non pode quedar nun simple desdobramento. Ten que establecerse en rede coa vía tradicional pola costa, a estrada PO-551, accesos e conexión con esta estrada en Domaio, Meira, Moaña e Ameixoada-Tirán-San Martiño a través da actuación nas correspondentes vías secundarias e posta en marcha da circunvalación xa prevista.

 

 

2º.- Respecto medioambiental.- Falsos túneles evitando os cortes a ceo aberto, tanto no actual trazado como no novo, e acceso directo a AP-9.

 

3º.- Reposición hidrolóxica.- Revisión das actuais e novo estudio das obras de drenaxe transversal (ODT) e lonxitudinal, respectando os leitos naturais das augas, para evitar asolagamentos.

 

4º.- Protección dos veciños.- Estudios de insonorización nos núcleos de vivendas afectadas (con solucións acaídas en cada caso) e protocolo de reparación e reposición de bens segundo principios do seguro patrimonial.

 

5º.- Adaptación da toponimia e respecto dos nomes dos lugares.- O Corredor do Morrazo discorre entre Domaio (Regueiriño) e Cangas. Procede indicar en sinais correctamente as direccións  de acceso e saída:

- Nesta rotonda de inicio, O Regueiriño, saída Domaio Este, dirección Moaña pola PO-551, Calvar e Verdeal. Na saída Domaio Oeste, dirección a Palmas, Costa, San Lourenzo e Carballido.

- Saída en Meira, dirección Reibón, Fraga e Marín.

- Saída Moaña Norte, dirección Moaña Centro, Broullón e Marín.

- Saída Moaña Oeste, dirección Abelendo, Ameixoada, Tirán e Cangas-Rodeira.

 

 

CONCRECIÓN   DAS    ALEGACIÓNS

 

I) ILUMINACION DAS ROTONDAS E ACCESOS.

 

II) CONSTRUCCIÓN DE FALSOS TÚNELES:

 

-         A BORNA  (PK 4+000)

-         MIRADOR DOS PARENTES (PK.5+300)

-         MEIXUEIRO-A FRAGA (PK8+400 – PK8+600)

-         PIÑEIROS (PK10+400)

-         MONTE DA PENA (PK12+600-PK12+800)

 

III) CONSTRUCCIÓN DE PASOS ELEVADOS:

 

-         CARROQUE, DOMAIO (PK2+430). Coa instalación das tuberías de auga de uso doméstico e regadío, así como paso peonil cara o Roteiro dos muíños.

-         MEIXUEIRO (PK8+700). Camiño cortado polo Corredor entre Lago da Coca e A Tioura.

-         CAMIÑO DA PEROXA (PK11+700 – 800). A inexistencia neste momento obriga a un paso de peóns baixo o rotonda desvío a Cangas.

 

IV) RECUPERACION DE CAUCES NATURAIS:

 

-         ODT 1,02 , canalización directa ó mar, xa que pasa polo medio das casas da Queixeira.

-         Fontaíñas (PK2+585), Río Miñouba. (ODT 2,66)

-         Montealegre (PK 0+814), Tras da Cidá.

-         Devesa de Abaixo (PK3+000) antigo depósito regulador de Palmás, Rio da Freixa.(ODT 3,75)

-         ODT 4,58, as augas deben ir ó río.

-         ODT 4,71, idem.

-         ODT 5,12, idem.

-         ODT 5,87, idem.

-         ODT 6,87, idem.

V) ACCESO DIRECTO Á AUTOPISTA AP-9:

 

A fórmula proposta presenta un dobre problema:

1. Forte impacto visual, coa necesidade de voluminosos aterramentos e muros de altura considerable en primeira liña da ría e sobre a PO-551.

2. Reincorporación do tráfico na propia vía común de acceso, procedente da PO-551, de Vilaboa e co que se dirixe en dirección Pontevedra, co que se consigue unha solución a medias.

Proponse :

Ampliación do paso elevado actual e a partires deste, iniciar o carril de acceso directo á AP-9, salvando a rotonda por elevación.

ALEGACIÓNS POR ZONAS AO LONGO DO  TRAZADO:

DOMAIO

 

  1. Ensanche da estrada Cerradiña-San Lorenzo, desde a PO-551, a Devesa.
  2. Liña de alta tensión que cruza actualmente Domaio: que se desvíe a beira do Corredor. 

MEIRA- A GUIA-LATÓN

 

  1. Zona da estación de Servizo:

-          Reposición do Camiño de servizo (subida o Lourido, utilizado para  acceso dos materiais): tubería subministro de augas, firme e muros de contención.

-         Reposición de infraestruturas da Comunidade de traída de augas de Monte Lourido.         (PK 4+600 – 5+100).

 BERDUCEDO E PIÑEIRO

 

  1. É necesario un enlace con Berducedo e Piñeiro. Creemos que se podería construír no Meixueiro, con acceso desde á altura do túnel da estrada Meixoeiro-A Fraga (PK 8+100) ou dende o viaduto da estrada Meixoeiro-Mirador da Fraga (PK8+200). A saída creemos que podería ser nas inmediacións do túnel da estrada Meixoeiro-A Fraga (PK 8+100) e así tamén poder ter un lugar donde poder depositar terras, pegado o talude xa existente.

Ademáis, urxe a mellora das estradas próximas ó enlace de Marín-Meira, en especial a que une a Curva da Morte coa estrada provincial de Meira de Arriba, ensanche na zona do desgüace e viais provinciais 1101 e vial Meira-Fraga.

Aínda que no traxecto do corredor ou autovía non disten moitos quilómetros entre o enlace de Meira-Marín e o de Marín-Moaña, o traxecto polas vías secundarias sí resulta moi a desmán para os veciños de Berducedo e Piñeiro. Sería un acceso á futura autovía unha boa fórmula de compensar ós veciños e veciñas desta zona polos graves prexuízos que a construción da Via Rápida ocasionou (problemas de augas de uso doméstico de mananciais, con enfrontamentos entre veciños, ruído, impacto visual e ambiental, expropiacións de terras, etc…).

  

  1. Instalación de pantallas de insonorización entre o viaducto da Fraga e o PK 8+600.
  2. Mellora das vías secundarias próximas para posibilitar unha boa comunicación co Autovía.
  3. Devolverlle a tódolos afectados a auga que perderon coa dinamita dos movementos de terra na construcción do Corredor.
  4. Que se instale algunha sinal informativa de Moaña, cos seus atractivos, no tramo da Vía Rápida, xa que solo hai unha ó principio, en Domaio, e sobre as excavacións de O Facho, en Cabo Home.

 BROULLÓN

 

  1. Acondicionamento do paso de peóns pola PO-313, no Muiño do Inferno.(P.INF.PK 9+640), baixo o nó de conexión.
  2. Estudio previo das obras de consolidación das casas afectadas na zona.
  3. Reposición dos accesos a fincas e predios.
  4. Encauzar as augas polos cauces naturais.

SABACEDA, XALDE E PIÑEIROS

 

  1.  Saneamento do Río das Presas ata Redomuíño.
  2.  Saneamento do Río de Foxacos ata o Río do Paso, separando as augas do corredor das dos lavadoiros existentes nos dous regatos.
  3. Ensanche da tubaria colocada polos veciños a partir do lavadoiro do Río do Paso, xa que está atascada debaixo do cruce do Río do Paso polos restos da maleza e xabre que arrastraron as augas durante a súa construcción.
  4. Acondicionamento da vía de servicio paralela ó corredor na zona de Chenlos, na Xalde, que en este momento está sen continuidade.
  5. Acondicionamento do paso de fauna na zona de Chenlos, posto que ten entrada pola parte Este pero non ten saída polo Oeste, andando os animais soltos polo corredor.
  6. Devolver a auga do regato de Chenlos a súa antiga canle o seu paso polo barrio da Xalde de Arriba, pois nas anteriores obras da Vía Rápida quedou cortada.
  7. Garantías de control na execución das obras de desdoblamento entre os Piñeiros ata a Xalde para que se respeten os regatos e vías de servizo existentes, xa que na obra anterior foron fortemente danadas e abandonadas sen facer os traballos de reposición prometidos.

SAN MARTIÑO

 

  1. Ampliación do acceso a San Martiño dende o enlace de desvío a Cangas.
  2. Ampliación do Camiño da Peroxa (PK 11+700 – 800).

  AMEIXOADA

 

  1. Ampliación conexión do nó da Ameixoada coa estrada provincial (EP 1104 – Moaña-Coiro), con habilitación de beirarrúas e iluminación.
  2. Ampliación, beirarrúas e iluminación do acceso O Casal e Campo de Fútbol así como conexión ca PO 551 por Tirán.
  3. Provisión de paneis informativos aéreos que informen con claridade das direccións Abelendo, Tirán ou Coiro e, incluso,o Campo de Fútbol.
  4. Mellora do impacto visual do aterrado, eliminando e substituíndo as especies arbustivas invasivas por outras frondosas.
  5. Recuperación das ODT, tanto no corredor como nos viais de servizo actualmente inutilizados parcial ou totalmente.

 Moaña, 7 de maio de 2010.

Deixar un comentario »

Aínda non hai comentarios.

Feed RSS para os comentarios deste artigo. URI do trackback

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Tema: Rubric. Blogue en WordPress.com.

Seguir este blogue

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.