A CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA DEPARTAMENTO TERRITORIAL DE PONTEVEDRA
D……………………………………………… , maior de idade, veciño de Moaña con DNI……………………………………………. , enderezo a efecto de notificacións en Moaña, , no seu propio nome e representación, como afectado pola subestación de Trigás, comparece e EXPON: Que sendo parte interesada no expediente clave: IN407A2010/148-4 instado por UNION FENOSA DISTRIBUCION S.A., ven a presentar RECLAMACIÓN ANTECEDENTES DE FEITO PRIMEIRO.- Que no BOP de data 9 de xullo de 2010 se somete a información pública a solicitude de UNION FENOSA DISTRIBUCION S.A. para instalación de subestación eléctrica en Trigás, así como a declaración de utilidade pública e de urxente ocupación dos terreos necesarios mediante expropiación forzosa. SEGUNDO.- Que ostentando a condición de interesado, tal e como salvagarda o Artg. 31.b) da Lei 30/1992, de 26 de novembro de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común e o artigo 145 do Real Decreto 1955/2000, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministro e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, veño formular as seguintes ALEGACIÓNS Tórnase inviable a situación escollida por Unión FENOSA por varios motivos. PRIMEIRA.- En primeiro lugar a ubicación non é compatible co planeamento urbanístico local e o expediente municipal conta con informe do arquitecto municipal desfavorable. En sesión plenaria de data 14 de agosto de 2009 cualificouse o terreo coñecido como Trigás como de “USO DOTACIONAL PARA USO E SERVICIO PUBLICO”, concretamente para fins deportivos, por tanto tal natureza é totalmente incompatible coa pretensión de UNIÓN FENOSA. E por elo polo que non pode UNION FENOSA obviar a clasificación que corresponde a dito chan, senón que ten que estar a adecuación actual conforme as determinacións legais e finalidades previstas para o mesmo. Convén precisar que a lexislación urbanística e o planeamento conteñen o estatuto da propiedade urbana; e é este estatuto o que marca e define os dereitos e deberes dos propietarios do chan en orden a urbanización e edificación dos terreos. O Tribunal Supremo, en Sentenza de 20 de abril de 1988 (RJ 1988, 2669) sinalou que: Para a aplicación do réxime urbanístico legal do chan é imprescindible súa clasificación, e esta virá dada non só por lo recollido no Plan Xeneral Urbano […] senón tamén polo Decreto Lei 16/1981, de 16 de outubro, que ademais de establecer un criterio legal para determinar el chan nos municipios que aínda non houbesen adaptado seu planeamento xeral a dita Lei -artigo 2.1- permite que os municipios con planeamento no adaptado puidesen aprobar proxectos de delimitación de chan urbano antes de proceder a adaptación de seus respectivos Plans Xerais, coa finalidade de ordenar a realidade a nova legalidade. Da xurisprudencia anteriormente citada cabe concluír que as determinacións da delimitación de Chan municipal se realizan de maneira acorde a realidade física de terreo, pois se limitan a la plasmación gráfica de aqueles terreos que merecen ser considerados coa cualificación outorgada por cumprimento dos requisitos legalmente esixibles para concederlle dita clasificación e non outra, de tal modo que debe prevalecer dita realidade física sobre as determinacións daquel, cal é o presente caso dado que o Concello de Moaña considerando a idoneidade e características da zona obxecto da instalación teno clasificado como de uso dotacional, incompatible coa instalación e fins propios dunha subestación. SEGUNDA.- Tampouco se cumpre coa esixencia legal necesaria de avaliación de Impacto ambiental, toda vez que non se acredita haber avaliado e considerado os efectos ambientais negativos de cara aos outros riscos existentes na zona. A STS (Sala de lo Contencioso-Administrativo, Sección 3) de 1 abril 2002 sobre enerxía eléctrica, viu a considerar que la avaliación do impacto ambiental ten que avaliar o impacto dabondo isto é: non de calquera maneira, máxime considerando o principio de precaución que ten que rexer e presidir este tipo de informes e procedementos. O TSV entende de aplicación a consideración de “actividade perigosa e insalubre” ( sentenza de 4 de novembro de 2005) en concordancia coas do T.S. de 18 de abril de 1990 e 8 de marzo de 1996, na que considera que a norma é aplicable a calquera actividade perigosa con independencia de que sexa ou non fabril “estrictu sensu”, ou o Tribunal Superior de Xustiza de Castilla León ( 6 de febreiro de 2004) ven de soster que “non ofrece ningunha dúbida que a citada subestación eléctrica a instalar implica un establecemento industrial”. TERCEIRA.- A propia Compañía colaborou nun ditame profesional independente (Raul de la Rosa, 14-07-2008) encargado polo Concello de Moaña sobre esta proposta de situación que concluíu: 1.- A existencia de dous tipos de risco: A) Campos electromagnéticos da subestación e das liñas eléctricas. B) Risco de explosión e incendio con emanacións tóxicas. Ademais da necesidade de ter en conta o impacto paisaxístico e ambiental e tamén o arqueolóxico. 2.- Das características técnicas da instalación (subestación eléctrica de transformación de 66/20 kV cunha potencia inicial de 30MVA e as correspondentes liñas eléctricas de 60 kV, mediante celas blindadas illadas en SF6 nun edificio e dous transformadores de potencia 66/20 kV de 15 MVA cada un con illamento de aceite) chegou a conclusión que a distancia de seguridade as construcións habitables máis próximas debería ir dende os 150 ms., mínimo, ata 500 ms. como razoable distancia de seguridade. A primeira distancia (150 ms.) sería suficiente para que os campos electromagnéticos producidos pola subestación fosen nulos ou insignificantes, en tanto que a segunda (500 ms.) eliminaría practicamente os posibles efectos dunha explosión ou incendio dependendo dos ventos dominantes. Tamén estableceu como un area de seguridade de 66 metros da liña de interconexión coa rede actual de 66 kV ( 1 m./KV) 3.- O propio informe técnico desbotou a proposta actual (Trigás) por non respostar as condicións mínimas de seguridade(“habería un alto risco de contaminación polos posibles efectos dunha explosión ou incendio, ademais o trazado de interconexión transitaría por rúas e zoas de elevada densidade de poboación sendo a distancia da subestación das zoas habitadas ou laborais moi escasa así como a existencia dun centro escolar moi próximo e preto do cal pasarían as interconexións ”) , propoñendo a UNION ELECTRICA FENOSA, a lo menos, dúas alternativas diferentes que estarían dentro dos marxes de seguridade establecidos. CUARTA.- PRINCIPIO DE PRECAUCIÓN.- Ninguén pon en dúbida os enormes beneficios que a enerxía eléctrica aporta a vida cotiá e aos servizos sanitarios pero a preocupación ante a posibilidade de que a exposición a campos eléctricos e magnéticos de frecuencias baixas teñan efectos nocivos para a saúde é cada día maior. O Comité de expertos independentes que elaborou o informe técnico para o Ministerio de Sanidade no ano 2001 subliñaba que “por un elemental principio de precaución se recomenda regular a instalación de subestacións e de novas liñas de alta tensión con fin de evitar a percepción de risco non xustificada e exposicións innecesarias, redefinindo as distancias mínimas de seguridade a edificios, vivendas ou instalacións de uso público ou privado, especialmente escolas, áreas de recreo, hospitais…etc. Neste caso a alarma social é evidente e reflíctese non só no rexeitamento dos directamente afectados a traveso de milleiros de sinaturas presentadas, senón de todo o asociacionismo veciñal e dos propios representantes políticos, tanto no goberno municipal como na oposición que se teñen pronunciado en diversas mocións e acordos tomados en Pleno da corporación. Polo manifestado SOLICITO: Que se de por presentado este escrito e se teñan por efectuadas as ALEGACIÓNS no mesmo contidas e tendo en conta as mesmas se considere inviable la zona pretendida para ubicar a subestación. En Moaña a 21de xullo de 2010.